O Fogar Residencial Nª Sra. do Carme de Fisterra depende da entidade Asociación de Cooperadores da Obra Social Nª Sra. do Carme de Fisterra, onde o seu C.I.F. corresponde a R-1500349-D e Nº de Rexistro de Entidades Relixiosas no Ministerio de Xustiza 6529 da Sección Especial Grupo C (6529-SE/C).
É un centro sen ánimo de lucro no que se atendene na actualidade a 11 maiores na vivenda A e 10 maiores na vivenda B dos concellos da zona da Costa da Morte para o que conta cun persoal cualificado.
Propiedade de: | Asociación de cooperadores obra social Nosa Señora do Carme |
Tipoloxía: | Mixta (Válidos e Asistidos) |
Número de prazas: | 21 |
Web | fogarresidencialnosasradocarme.es |
Instalacións e espazos:
O centro está situado na beiramar Praia da Riveira rodeado de espazos naturais, a entrada principal está situada na rúa Alfredo Saralegui, nº1 de Fisterra.
As vivendas contan cun comedor, baño xeriátrico, sala de usos múltiples, patio exterior e interior, capela, elevador e rampla compartidas. A vivenda A dispón de seis habitacións dobres con baño adaptado cada unha delas e a vivenda B con cinco habitacións dobres con baño adaptado.
Conta aproximadamente cunha superficie total de 900 m2 repartidos da seguinte forma:
Estar social e sala multiusos | Recepción |
Despacho de dirección | Despacho enfermería |
Sala de cura | Sala de rehabilitación |
Comedor | Cociña |
Despensa | Lavandería |
Sala de limpeza | 2 baños adaptados |
4 habitacións dobres para dependentes con baño adaptado | |
3 habitacións dobres para grades dependentes | |
1 habitación individual para persoa dependente | |
Capela, acensor con capacidade para camilla e patio interior e exterior |
No Centro existen 2 ordenadores con conexión a Internet, Televisión , DVD e Video.
Os maiores contan con espacios verdes , un polideportivo municipal, a biblioteca municipal, varios centros culturais , praias , montes e paseos marítimos.
Servizos de atención residencial:
Horario de atención continua as 24h. | Aloxamento diúrno e nocturno. |
Atención durante todo o ano, incluíndo fins de semana e vacacións. | Alimentación: almorzos, xantares, merendas e ceas. |
Seguimento sanitario. | Hixiene e aseo persoal. |
Apoio psicolóxico. | Apoio educativo: alfabetización. |
Actividades. | Etc… |
O Equipo Humano está composto por:
Directora | 1 Cociñeira |
1 Traballadora Social | 1 Auxiliares de cociña |
1 DUE | 2 Auxiliares de enfermería |
1 Limpadora | 4 Xerocultores |