A Residencia “PAZ y BIEN” é un centro de titularidade privada, socio asistencial sen ánimo de lucro, pertencente á Congregación das “Hermanas Franciscanas Hospitalarias de la Inmaculada Concepción”.
A Residencia está situada na cidade de Tui (Pontevedra), nunha parcela de 15.637 m2, cunha superficie construída de 8.937 m2 e un xardín de 6.800 m2.
Trátase dun lugar tranquilo, a cal é atravesada polo río Tripes. Un espazo idóneo para o repouso e o descanso con vistas á Catedral de Tui, o seu entorno e ao Parque Natural do Monte Aloia. Deseñada con grandes espazos abertos e luminosos cun magnifico xardín para garantir unha estancia cómoda e agradable aos residentes e as súas familias.
Propiedade de: | Hermanas Franciscanas Hospitalarias de la Inmaculada Concepción |
Tipoloxía: | Mixta (válidos e asistidos) |
Número de prazas: | 72 (32 válidos e 40 asistidos) |
Número de rexistro Xunta: | E-131 |
Formas de contacto:
Enderezo: | Rúa Sarabia, Nº 8, CP 36700 – Tui – Pontevedra |
Teléfono: | 886 317 691 |
email: | direccion@residenciapazybien.com |
web: | www.residenciapazybien.org |
Prema neste link para ver situación en Google Maps |
Instalacións e espazos:
A Residencia distribúese en catro plantas:
Planta Baixa: | Acceso directo ao xardín e á entrada principal. |
Capela. Despacho de Psicoloxía. | |
Salón de actos multiusos con esceario. | |
Ximnasio e sala de informática. , Fisioterapia e animación. Almacéns e Lavandería. | |
Primeira Planta: | Recepción. Administración. Sala de visitas. Salón de convivencia con TV. |
Perruquería. Despacho de Traballo Social. Biblioteca e sala de lectura. | |
Despacho médico e de enfermería. Sala de curas. Office e habitacións individuais con baño. | |
Cafetería. Comedor dos residentes e da Comunidade Relixiosa. Cociña Office e despensa | |
Segunda / Terceria planta: | Habitacións individuais con baño, baño xeriátrico, oficinas e sala de estar con TV. |
Habitacións: | Tódalas habitacións son exteriores, individuais, con baño e con moita luz. |
Todas elas dispoñen de: mobiliario adaptado, camas articuladas, armario, conexión a TV e teléfono, sistema de megafonía e timbre na habitación e no baño.
Xardín: O xardín ten 6.800 m2 cunha gran variedade de árbores frutais e ornamentais e de flores. Dispoñen de espazos que invitan a descansar e relaxarse escoitando o son do río Tripes, que atravesa a finca.
O espazo está totalmente adaptado e carece de barreiras arquitectónicas, cun amplo paseo do que poden disfrutar tódolos residentes e os seus familiares.
Servizos:
A atención individualizada aos residentes lévase a cabo polo equipo interdisciplinar que está formado por:
Directora | Psicóloga |
Enfermeiras | Fisioterapeuta |
Traballadora social | Animadora |
Supervisora | Auxiliar de clínica/xerocultora |
Este Equipo traballa de forma coordinada, buscando a integración de tratamentos, pautas de actuación, pautas para a saúde, para conseguir frealo deterioro e lograr a melloría global de cada residente, elaborando un Plan de Atención Individual.
Realizan o seu servizo nas distintas Áreas da Residencia:
Coidados Básicos. | Coidados Asistenciais. |
Atención Psicosocial. | Novas tecnoloxías. |
Rehabilitación e Promoción da Autonomía. | Atencións Domésticas. |
Supervisora | Auxiliar de clínica/xerocultora |
Servizos externos (Musicoterapia, Perruquería e Prensa). |
Servizos complementarios como: servizo relixioso, cafetería, teléfono e traslados e acompañamentos fora do Centro.