O pasado 29 de setembro, a nosa Residencia Paz y Bien (Tui), organizou un encontro de centros de maiores do Baixo Miño coa participación de Amoralia centro de dia (Tui), Residencial Tomiño, Cogami (centro de dia de Tomiño) e Residencia Monte Tecla.
Comenzou as 11:30 da maña con unha eucaristía, no salón de actos da Residencia.
Contou coa presencia do Alcalde-Presidente do Excmo. Concello de Tui Don Enrique Cabaleiro González, o cal destacou o importante de este tipo de accións.
Tamén tiveron tempo para unha maxistral clase de Musicoterapia, impartida por D. Ignacio Alfredo Crespo e actuación de cada centro participante. Despois tivo lugar a comida, nos fermosos xardíns da nosa Residencia Paz y Bien.
E pola tarde houbo unha gincana que incluia xogos populares (pesca, petanca,…..), e como non, tamen houbo entrega de premios os gañadores.
E no acto de clausura, a directora de Paz y Bien, a irman Mª Lourdes Carrera Monico, intercambiou agasallos cos centros participantes. E por último a actuación do grupo o cal foi a guinda dun fermoso dia o cal todos disfrutarón e que de seguro será tema de conversación nos seus respectivos centros.