Este ano Acolle esta desenrolando un programa de intervención asistida con cans para as persoas maiores na Residencia Divina Pastora en Vilagarcía. Este proxecto esta subvencionado cun 75% pola Deputación de Pontevedra dentro do marco Dep 2017.
Acolle aposta por prestar cada día maior atención a mellorar a calidade de vida das persoas en situación de fraxilidade e dependencia. A presenza de animais produce relaxación, apoio social similar ao que nos brindan outras persoas e mellora a motivación entre outros beneficios.
Dende Acolle estamos encantados de fomentar todo o que sexa necesario para que os nosos maiores disfruten coas pequenas cousas.