FEIJÓO AVANZA QUE O NOVO SISTEMA COMENZARÁ A IMPLANTARSE DE XEITO PROGRESIVO DESPOIS DO VERÁN E ARRINCARÁ CON MÁIS DE 365.000 HISTORIAS SOCIAS DIXITAIS.

O titular da Xunta subliñou que este iniciativa permitirá ter nunha única historia todos os datos relativos a historia social do individuo e avanzou que o novo sistema comenzará a implantarse de xeito progresivo despois do verán, unha vez aprobado definitivamente o decreto , e arrincará con máis de 365.000 historias sociáis dixitais.

Neste contexto, cómpre resaltar tamén que, previamente, se fará unha fase de pilotaxe da historia social única electrónica nos concellos de Boqueixón, Brión, Tordoira e Viveiro. Así, a partir do mes de Xullo os traballadores sociáis destes municipios Terán acceso ao expediente social dos usuarios en formato electrónico, e, este período de probas permitirá abordar posibles axustes de cara ao despregamento progresivo nos concellos galegos.

O responsable autonómico aseverou que con este sistema se evitarán duplicidades e se mellorarán os tempos de resposta. E fixo fincapé en que a historia social única suporá un antes e un despois na xestión das prestacións sociáis e, tamén, un antes e un despois na xestión das prestacións sanitarias, «xa que significa – aseverou-crear un sistema integrado de intercambio de información, sentar as bases para facer realidade o compromiso de que a historia social se vaia integrando na historia clínica a través da tarxeta sanitaria, dar mellores respostas na atención e desenvolver políticas de prevención», aseverou.

 

Comparte este artículo en: