Acolle quere seguir formando aos seus traballadores e así poder repercutir esa formación nos seus residentes. E esta vez atrevese a introducirse no mundo da Lectura fácil.

E vos preguntarédesvos, que é isto de Lectura Fácil, pois ben e moi sinxelo chamase lectura fácil aqueles contidos que foron resumidos e realizados con linguaxe sinxelo e claro, de forma que se poidan entender por persoas con discapacidade cognitiva ou discapacidade intelectual. Este tipo de textos non só van dirixidos a persoas con discapacidade intelectual, senón tamén a persoas con baixa formación cultural ou con problemas de tipo social, tamén poden servir a persoas con dificultade de linguaxe.

 

 

A encargada de introducirnos neste mundo chamase María Peralta unha  Educadora Social con alma de escritora sabe conxurar o traballo xunto as persoas con necesidades especiais coa ardua tarefa de promoción da lectura fácil en tódolos soportes.

 

 

 

Os obxectivos deste taller foron promocionar ferramentas aos participantes que lles aporten un maior coñecemento sobre as lectura Fácil e as súas aplicacións. Dar a coñecer materiais literarios elaborados baixo o formato lectura fácil e ofrecer a oportunidade aos participantes de poder poñer en marcha clubs de lectura fácil e dinamizar as diferentes sesións.

         

Este taller de formación foi realizado gracias a colaboración de fundación Lares coa Asociación Lectura Fácil Madrid. E subvencionado polo Ministerio de Educación, Cultura e deporte (Goberno de España).

Gracias por traer esta experiencia a Acolle.

Comparte este artículo en: