O Consello Galego de Benestar Social quedou constituído o día de onte en Santiago de Compostela, durante unha sesión plenaria presidida pola conselleira de Política Social, Fabiola García Martínez, logo de finalizar o seu proceso de renovación, forzado pola finalización da duración do primeiro mandato da maior parte dos seus membros, así como pola modificación da súa composición a consecuencia de varias reformas normativas.
Este órgano tratase dun órgano consultivo superior ao sistema galego de servicios sociais e conta con una participación plural, figurando entre os seus integrantes a Dona Celina Rey Dieguez, como representante dás entidades prestadoras de servizos sociais, na categoría 1, de «Atención e prevención da dependencia, discapacidade e maiores» . En canto aos seus obxectivos, este órgano será unha ferramenta fundamental para avaliar e mellorar o sistema de servicios sociais de Galicia, ao tempo que ofrece unha vía para o diálogo e o desenrolo de respostas as necesidades dos cidadáns.
Nesta segunda andadura a conselleira de Política Social, Fabiola García, avogou polo entendemento e a colaboración na sesión constitutiva do segundo mandato do Consello Galego de Benestar Social. Neste sentido, apostou porque deste órgano de carácter consultivo saian acordos que beneficien a todos os galegos e galegas.