Grupo social Acolle

15565

A Residencia “PAZ y BIEN” é un centro de titularidade privada, socio asistencial sen ánimo de lucro, pertencente á Congregación das “Hermanas Franciscanas Hospitalarias de la Inmaculada Concepción”.

A Residencia está situada na cidade de Tui (Pontevedra), nunha parcela de 15.637 m2, cunha superficie construída de 8.937 m2 e un xardín de 6.800 m2.

Trátase dun lugar tranquilo, a cal é atravesada polo río Tripes. Un espazo idóneo para o repouso e o descanso con vistas á Catedral de Tui, o seu entorno e ao Parque Natural do Monte Aloia. Deseñada con grandes espazos abertos e luminosos cun magnifico xardín para garantir unha estancia cómoda e agradable aos residentes e as súas familias.

Propiedade de: Hermanas Franciscanas Hospitalarias de la Inmaculada Concepción
Tipoloxía: Mixta (válidos e asistidos)
Número de prazas: 72 (32 válidos e 40 asistidos)
Número de rexistro Xunta: E-131

Formas de contacto:

Enderezo: Rúa Sarabia, Nº 8, CP 36700 – Tui – Pontevedra
Teléfono: 886 317 691
email: direccion@residenciapazybien.com
web: www.residenciapazybien.org
Prema neste link para ver situación en Google Maps

Instalacións e espazos:

A Residencia distribúese en catro plantas:

Planta Baixa: Acceso directo ao xardín e á entrada principal.
Capela. Despacho de Psicoloxía.
Salón de actos multiusos con esceario.
Ximnasio e sala de informática. , Fisioterapia e animación. Almacéns e Lavandería.
Primeira Planta: Recepción. Administración. Sala de visitas. Salón de convivencia con TV.
Perruquería. Despacho de Traballo Social. Biblioteca e sala de lectura.
Despacho médico e de enfermería. Sala de curas. Office e habitacións individuais con baño.
Cafetería. Comedor dos residentes e da Comunidade Relixiosa. Cociña Office e despensa
Segunda / Terceria planta: Habitacións individuais con baño, baño xeriátrico, oficinas e sala de estar con TV.
Habitacións: Tódalas habitacións son exteriores, individuais, con baño e con moita luz.

 

Todas elas dispoñen de: mobiliario adaptado, camas articuladas, armario, conexión a TV e teléfono, sistema de megafonía e timbre na habitación e no baño.

Xardín: O xardín ten 6.800 m2 cunha gran variedade de árbores frutais e ornamentais e de flores. Dispoñen de espazos que invitan a descansar e relaxarse escoitando o son do río Tripes, que atravesa a finca.

O espazo está totalmente adaptado e carece de barreiras arquitectónicas, cun amplo paseo do que poden disfrutar tódolos residentes e os seus familiares.

Servizos:

A atención individualizada aos residentes lévase a cabo polo equipo interdisciplinar que está formado por:

Directora Psicóloga
Enfermeiras Fisioterapeuta
Traballadora social Animadora
Supervisora Auxiliar de clínica/xerocultora

 

Este Equipo traballa de forma coordinada, buscando a integración de tratamentos, pautas de actuación, pautas para a saúde, para conseguir frealo deterioro e lograr a melloría global de cada residente, elaborando un Plan de Atención Individual.

Realizan o seu servizo nas distintas Áreas da Residencia:

Coidados Básicos. Coidados Asistenciais.
Atención Psicosocial. Novas tecnoloxías.
Rehabilitación e Promoción da Autonomía. Atencións Domésticas.
Supervisora Auxiliar de clínica/xerocultora
Servizos externos (Musicoterapia, Perruquería e Prensa).

 

Servizos complementarios como:  servizo relixioso, cafetería, teléfono e traslados e acompañamentos fora do Centro.

Dirección

Rúa Sarabia, Nº 8, CP 36700 – Tui – Pontevedra

Teléfono

986 600 711

E-mail

direccion@residenciapazybien.com