MEMORIA DE ACTIVIDADES
EXERCICIO 2015
Mª Celina Rey Diéguez
Presidenta de Acolle
Índice
1. INTRODUCCIÓN…………………………………………………………………………………..Páx. 3
2. OBXECTIVOS DE ACOLLE………………………………………………………..………….Páx. 5
3. FINS DA ASOCIACIÓN……………………………………………………….………………...Páx. 5
4. LIÑAS DE ACTUACIÓN………………………………………………………………………...Páx. 6
5. RELACIÓN DE ACTIVIDADES DESENVOLTAS NO EXERCICIO 2015……...Páx. 7
1. Información, orientación e asesoramento………….…………………………….Páx. 7
2. Xestión e tramitación de subvencións e axudas……………………………….Páx. 7
3. Subvención tramitadas no ano 2015……………………………………………..….Páx. 7
4. Promoción de relacións institucionais……………………………….…………….Páx. 8
5. Prestación de servizos sociais como entidade de iniciativa social.….Páx. 8
6. Programas de Cooperación: Contratación de profesionais……………….Páx. 9
7.Programas de formación para o persoal dos centros asociados……..Páx. 9
8.Convenio de colaboración co Concello de Pontevedra…………………….Páx. 9
9. Acontecementos destacados na vida da Asociación no ano 2015…. .Páx. 10
6. Conclusión final………………………………………………………………..….Pax. 10
1.– INTRODUCCIÓN:
Asociación Galega de Residencias e Centros de Anciáns de Iniciativa Social, ACOLLE, foi constituída en Santiago de Compostela o 29 de xuño de 1995, agrupando a residencias de maiores pertencentes a fundacións, asociacións e outras entidades sen fins de lucro, configurándose á súa vez como Asociación e Entidade Prestadora de Servizos Sociais.
A denominación de ACOLLE responde ó carácter esencial dos centros de iniciativa social como espazo de acollida para os maiores máis necesitados.
O noso logotipo está configurado pola súa denominación, abrazada por un óvalo multicolor que simboliza a nosa filosofía: acoller sen distincións.
O seu domicilio social actual atópase na rúa Sarabia nº 8, Tui, provincia de Pontevedra (Residencia “PAZ y BIEN”). Actualmente agrupamos 12 residencias e centros asociados, repartidos por toda a xeografía galega, atendendo a un total de 929 residentes.
A Asociación Galega de Centros e Residencias de Anciáns de Iniciativa Social ACOLLE, ademais de levar a cabo os seus propios proxectos e de representar ós seus asociados, está federada a “Lares-Federación de residencias y servizos de atención a los mayores-sector solidario”, representa a tódolos centros de iniciativa social a nivel estatal.
A Asociación Galega de Centros e Residencias de Anciáns de Iniciativa Social ACOLLE, ten coma obxectivos a defensa dos intereses das residencias de anciáns de iniciativa social, intentando prestar asesoramento e representar ós centros nas relacións laborais e na relación coa administración.
Non obstante, os centros que integran ACOLLE, teñen unhas características moi similares:
• Son centros de finais do século XIX, principios do XX (na maioría dos casos) que nun principio contaban coa axuda de benefactores e xente que facía doazóns para permitir que a residencia puidese seguir adiante.
• Na actualidade estes centros subsisten gracias ás achegas dos usuarios, achegas de particulares e a axudas dos Concellos e Deputacións Provinciais.
• Un dos grandes problemas que presentan os centros, son os de adecuación á normativa, xa que en moitos casos, ó ser edificios de séculos pasados, a modificación das características arquitectónicas supón unha gran dificultade por dous motivos fundamentalmente: os centros son antigos e en algún caso, non xurde como residencia de maiores e que moitos deles son patrimonio e non poden ser modificados para a adaptación á nova normativa.
• As residencias de iniciativa social, estiveron moi expandidas en toda a comunidade autónoma galega, chegando a ter residencias moi implicadas no dinamismo da comunidade, axudando ó crecemento da comunidade e á súa integración na mesma.
En relación a este último punto debemos destacar que o impacto que tiveron as residencias de iniciativa social foi tan alto que chegaron a contar con máis dun total de cinco mil prazas repartidas por toda a Comunidade Autónoma Galega.
En relación a este punto, xogaron un papel fundamental a participación social, e ata a década dos 80 as Deputacións e Concellos (administracións locais próximas) estaban caracterizados pola súa implicación, chegando a asumir en moitos dos casos ata un total do 50% do orzamento preciso para a manutención dos Centros; non obstante, este apoio á iniciativa social por parte da Administración Pública foi decrecendo por que a Administración Autonómica asumiu un papel directivo na prestación de servizos sociais, buscando a prestación directa por parte da Administración da atención residencial para a poboación.
Non obstante as prestacións económicas que outorga o Estado (sobre todo as de nivel non contributivo) non outorgan unha cobertura suficiente como para poder acudir a unha praza residencial privada, e debido a que en moitas ocasión as prazas públicas non poden ofrecer unha cobertura adecuada á toda a poboación que pode ser unha potencial usuaria de centros residenciais, polo que se fai necesaria a presenza da iniciativa social, para poder ofrecer unha praza residencial a aquelas persoas que por exemplo tan só contan cunha pensión a nivel non contributiva de nivel mínimo (que se sitúan nunha contía aproximada de 366,90 €).
Nestes últimos anos bebido a crise económica, moitas das nosas residencias están tendo verdadeiras dificultades para chegar a cubrir o 100% das prazas, e as novas prazas que se van cubrindo fano moi por debaixo do prezo que teñen estipulado os Centros.
2.– OBXECTIVOS DE ACOLLE:
Os seguintes obxectivos da Asociación Galega de Centros e Residencias de Anciáns de Iniciativa Social ACOLLE, son os que se delimitaron pola Xunta Directiva cando a asociación comezou a dalos seus primeiros pasos no ano 1995, polo que os obxectivos son os seguintes, que de igual modo se atopan como tales, nos estatutos da asociación:
– Formar o persoal das Residencias e Centros.
– Formar e informar ós directivos das Residencias acerca dos criterios xerais de xestión que se deben manter nos centros residenciais.
– Fomentar melloras prácticas na atención dos residentes a fin de aumentar a calidade de vida dos mesmos.
– Implantación de novas tecnoloxías.
– Crear novos servizos que dean resposta ás demandas emerxentes do sector das persoas maiores dependentes, tales como: axuda a domicilio, centros de día, teleasistencia e outros servizos...
– Estudalas necesidades das Residencias en eidos tales como: arquitectónico, económico, laboral e social, co fin de elaborar proxectos de adecuación á normativa vixente e ás demandas sociais.
3.– FINS DA ASOCIACIÓN:
Entre os fins da Asociación están os seguintes:
1. A negociación de pactos, acordos e convenios colectivos, de conformidade coa lexislación que os regula.
2. A representación dos empresarios nas relacións de conflito laboral colectivo e individual.
3. A representación institucional dos empresarios nos órganos e institucións do ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia e naqueles outros de ámbito territorial inferior, no que a representación dos Centros este conferida ás organizacións empresariais.
4. A información, asistencia e asesoramento ós seus afiliados en canto empresarios.
5. A representación, coordinación, xestión, defensa e promoción dos intereses que son propios dos seus representados en canto empresarios.
6. A prestación de servizos sociais como entidade de iniciativa social, sendo a súa área de actuación as persoas maiores.
7. A representación institucional do sector coa presencia institucional nos foros de debate.
4.– LIÑAS DE ACTUACIÓN:
Os obxectivos e os fins expostos anteriormente, deben acadarse dun xeito global, de tal modo que a solución global estea no camiño de conseguirse mediante as seguintes liñas de actuación:
✔ Dar representatividade ó sector da iniciativa social e participación activa nos foros de debate.
✔ Unha aposta polo aumento e especialización do persoal; xa que nos Centros asociados téñense detectados problemas de especialización de persoal: precísanse Xerocultores, Terapeutas, Persoal de Administración e Xestión, Traballadores Sociais, etc. Está claro, que ACOLLE debe seguir unha liña de actuación destinada á formación do noso persoal para afrontalos novos retos e tamén actuacións na liña do aumento do persoal de Centros Residenciais asociados que teñen unhas plantillas demasiados curtas.
✔ Melloralas prestacións e atención de cara ós anciáns (traballando principalmente a área de fisioterapia, rehabilitación cognitiva, as actividades ocupacionais e a atención especializada), destinadas dun xeito global á mellora da calidade de vida e ó benestar colectivo dos residentes dos Centros Residenciais asociados.
✔ Modernización dos Centros asociados. Para adaptalos ás novas necesidades residenciais e ós novos servizos que se implantan na Comunidade Autónoma Galega. Concepción de centros de vida e actividade en contra das concepcións antigas de almacén de xente inútil ou de crear guetos, en vez de centros abertos á comunidade.
✔ Diversificación de servizos. A axuda a domicilio, a teleasistencia ou a creación de programas de Centros de Atención Diúrna son alternativas interesantes e máis axeitadas á futura dinámica da sociedade.
5.– RELACIÓN DE ACTIVIDADES DESENVOLTAS NO EXERCICIO 2015:
1. Información, orientación e asesoramento.
Dende a entidade realízase unha labor conxunta dirixida ás residencias de anciáns que constitúen esa Asociación de información, orientación e asesoramento en distintos ámbitos: sociais, laborais, normativos, de actualidade, de interese xeral, etc.
A información distribúese mediante circulares vía Internet, telefonicamente e/ou persoalmente.
2. Xestión e tramitación de subvencións e axudas.
A entidade ocúpase de buscar, divulgar entre os asociados, solicitar e tramitar subvencións de distintas entidades públicas (Xunta de Galicia, Deputacións, Concellos...) e privadas (fundacións, obras sociais,…) das que poidamos ser beneficiarios.
3. Subvención tramitadas no ano 2015:
ENTIDADES SUBVENCINES SOLICITADAS DATA
-
XUNTA DE GALICIA
SERVICIO DE PROGRAMAS DE COOPERACIÓN |
Subvención para a contratación de traballadores desempregados polas entidades sen animo de lucro |
07/08/2015
|
Das subvención tramitadas, concedéronsenos as seguintes:
ENTIDADES SUBVENCIONS CONDEDIDAS DATA CANTIDADE
-
XUNTA DE GALICIA
SERVICIO DE PROGRAMAS DE COOPERACIÓN |
17.667€
|
27/11/2015
|
4. Promoción de relacións institucionais.
Representamos institucionalmente ás residencias asociadas a ACOLLE nos órganos e institucións do ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia e en aqueles outros de ámbito territorial inferior, nos que a representación dos Centros está conferida ás organizacións empresariais.
No último ano reunímonos unha vez coa Subdirectora Xeral de Coordinación de Equipamentos e Servizos para Persoas Maiores e con Discapacidade da Xunta de Galicia, Dona Mª Carmén Calviño Rodríguez, para pedir colaboración cas Xornadas Nacionais Lares Federación organizadas os días 22, 23 e 24 de Abril.
Asistimos, o día 25 de setembro a unha reunión no edificio da Xunta en Santiago de Compostela, para falar do anteproxecto de lei de economía social de Galicia.
E asistimos, a unha reunión ca Secretaria Xeneral de Política Social da «Xunta de
Galicia«, Coro Piñeiro Vázquez, o 6 de novembro.
5. Prestación de servizos sociais como entidade de iniciativa social.
A nosa área de actuación refírese ó sector da terceira idade, chegando a estender esta actuación incluso ó seu círculo familiar e social. A maioría dos nosos residentes son persoas maiores, padecendo problemas de saúde, sobre os que intentamos actual diminuíndo ou atrasando ó máximo posible o seu avance e dependencia.
Dentro destas actuacións temos programas como:
• Ximnasia de mantemento.
• Musicoterapia.
• Talleres lúdicos.
• Talleres de habilidades memorísticas.
6. Programas de Cooperación: Contratación de profesionais.
En colaboración coa Xunta de Galicia contratamos distintos profesionais do sector, que desenvolveron o seu traballo en distintas residencias do noso grupo, dependendo das necesidades de cada Centro.
No programa, correspondente ós anos 2014-2015, contratouse 2 profesionais pertencentes a categoría profesional do grupo 7, que realizan o seu traballo nos seguintes centros:
No último programa, correspondente ós anos 2015-2016, contratase 1 profesional
pertencente a categoría profesional do grupo 7, que realiza o traballo no seguinte centro:
- Residencia Santísima Virgen del Carmén de Foz, Enfermeira.
7. Programas de formación para o persoal dos centros asociados.
Na nosa longa traxectoria desenvolvemos proxectos de formación continua dos profesionais das residencias de maiores asociadas.
Da súa formación vai depender en parte o bo funcionamento dos nosos Centros e o benestar dos nosos residentes.
O día 20 de novembro fixemos un curso seminario sobre a lei de Protección de datos Socio sanitarios para o persoal técnico das nosas residencias. Con unha duración de 5 horas. Asistiron 21 persoas.
8. Convenio de colaboración co Concello de Pontevedra.
Realizamos diferentes actividades en colaboración co Concello de Pontevedra para persoas maiores non dependentes, e principalmente un curso de formación de habilidades memorísticas para maiores, máis coñecido como “Talleres de Memoria”.
Este taller consta de 4 módulos:
• Módulo de habilidades sociais e de comunicación asertiva.
• Módulo de expresión corporal.
• Módulo de adestramento da memoria.
• Módulo de musicoterapia.
Os seus destinatarios son persoas maiores de 60 anos. Duración: de Outubro 2014 a Xuño 2015.
Nº grupos: 10.
Zonas do Concello de Pontevedra nas que se imparten os cursos:
PONTESAMPAIO
LÉREZ
MARCÓN
TOMEZA
SALCEDO
BORA
A PARDA
SAN ROQUE
9. Acontecementos destacados na vida da Asociación no ano 2015.
Acolle organiza as XIV XORNADAS NACIONAIS DE LARES FEDECACIÓN en Galicia, tendo unha gran aceptación e éxito das mesmas.
A conclusión final destas xornadas foi, a implicación con nosos centros nos obriga a defender a dignidade na atención, a búsqueda da calidade constante ademáis de estar abertos o aprendizaxe e a realidade do entorno respetando a singularidade de todos y cada un dos centros asociados. E nada sería posible sin contar coa colaboración das administracións, os nosos trabajadores, voluntarios, os nosos maiores e as suas familias.
En definitiva, sabemos de dónde vimos e dónde estamos, pero, potenciando a implicación e o liderazgo compartidos, sabremos a donde queremos chegar.
Tamén, destacar a presencia do noso Presidente da Xunta de Galicia, D. Alberto Nuñez Feijoo, na clausura das xornadas, o que reforzou o noso convencemento, da gran
gran importancia das mesmas.
6. CONCLUSIÓN FINAL.
Acolle, está formada por 12 centros, ubicados en toda a xeografía galega e con distintos números de plazas cada una, que a continuación procedo a indicar.
-
Residencia Padre Rubinos está no municipio de A Coruña ten 69 prazas e ningunha concertada.
-
Hospital – Asilo de Vilalba, ten 184 prazas, das cales 24 son concertadas.
-
Ntra. Señora das Dores, esta en Lalín e ten 125 prazas das cales 49 son concertadas.
-
Asilo Hospitalario Divina Pastora, está en Vilagarcía de Arousa e ten 107 prazas das cales 7 son concetadas.
-
Residencia Paz y Bien, de Tui, ten 86 prazas das cales 14 son concertadas.
-
Residencia Hosp. Asilo Nosa Sra. Dos Anxos, está en Ribadavia e ten 59 prazas, ningunha concertada.
-
Residencia Santísima Virgen Del Carmén, está en Foz e ten 33 prazas, ningunha concertada (pertence a Mensajeros de la Paz).
-
Residencia de Anciáns “Mi Casa” está en Ferrol e ten 136 prazas das cales 11 son concertadas.(pertence a Mensajeros de la Paz).
-
Residencia Romero Blanco Monroy está en Noia e ten 46 prazas ningunha concertada.
-
Asoc. de Cooperadores Obra Social Ntra. Sra. Carmén e está en Fisterra e ten 15 prazas ningunha concertada.
-
Residencia San Rafael de Mondoñedo, ten 35 prazas e ningunha concertada (pertence a Mensajeros de la Paz).
-
Residencia San Xoán de Castro de Rei e ten 34 prazas e ningunha concertada, (pertence a Mensajeros de la Paz).